Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.637

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 18 de xuño de 2001 pola que se establece a convocatoria pública para a participación na programación de cursos do Plan autonómico de formación de formadores de formación profesional ocupacional do ano 2001.

O Plan autonómico de formación de formadores consiste nun conxunto de accións de formación dirixidas ós profesionais que participen como docentes nos plans de formación ocupacional da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, tendentes a capacitar para programar, impartir e avaliar cursos de formación ocupacional.

O Decreto 292/2000, do 21 de decembro, sobre formadores de formación ocupacional, establece no seu artigo 3 que a programación das accións a que fai referencia o citado decreto será realizada pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, con carácter anual e mediante convocatoria pública, con medios persoais e materiais propios ou alleos contratados para estes efectos.

Unha vez aprobada a programación de cursos de cada provincia, tanto os cursos de formación metodolóxica, de acordo co previsto no certificado de profesionalidade da ocupación Formador ocupacional, regulado polo Real decreto 1646/1997, do 31 de outubro, como os cursos de carácter monográfico, procédese agora á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento daquel mandato regulamentario, e á apertura da convocatoria pública para a presentación das solicitudes para participar neles.

Consecuentemente con todo o anterior, consultados o Consello Galego de Formación Profesional e o Consello Galego de Relacións Laborais, en exercicio

das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

1. O obxecto da presente orde é a convocatoria e programación dos cursos de formador de formadores de formación ocupacional e o establecemento dos requisitos, condicións e criterios de selección dos alumnos, así como determinar cáles son os cursos ofertados e os lugares de impartición, que serán os recollidos no anexo I.

2. Estas accións formativas poderán ser cursos de formación metodolóxica, de acordo co previsto no certificado de profesionalidade da ocupación Formador ocupacional, e cursos de carácter monográfico, especialmente dirixidos á especialización e actualización docente.

3. Os cursos de formación metodolóxica que se ofertan, de acordo coa regulación do certificado de profesionalidade da profesión Formador ocupacional, serán os seguintes: Planificación e deseño de programas de formación (DOFF17): 80 horas, Dirección de procesos de aprendizaxe (DOFF13):180 horas, Avaliación da formación (DOFF14): 70 horas, Procesos de mellora da calidade da formación (DOFF15): 50 horas.

4. Impartiranse, así mesmo, de acordo co establecido no artigo 2.2 a) do Decreto 292/2000, do 21 de decembro, sobre formadores de formación ocupacional, os seguintes cursos de carácter monográfico: Comunicación asertiva: a arte de defenderse sen atacar (25 horas), Introducción á formación a distancia (40 horas), Corel (20 horas), Internet (20 horas), Power Point (20 horas), Confección de material didáctico con Power Point (20 horas), Confección de material didáctico con Corel Draw (30 horas) e Internet para a formación (20 horas). As datas e lugares de realización veñen recollidos no anexo I.

Artigo 2º.-Convocatoria.

A convocatoria dos cursos de formación metodolóxica que se van realizar en cada provincia deberá difundirse mediante anuncio nun dos xornais de maior tiraxe dela, a través da súa exposición nos taboleiros de anuncios das delegacións provinciais da consellería e das oficinas de emprego. Os cursos monográficos deberán publicarse, ademais, en xornais de difusión autonómica.

A programación recollida no anexo I da presente orde poderá modificarse, á vista das solicitudes presentadas, por resolución dos respectivos/as delegados/as provinciais. Estas modificacións, como míni-

mo, deberán ser expostas nos taboleiros de anuncios das delegacións provinciais desta consellería.

Artigo 3º.-Solicitudes.

1. Os interesados en participar nestas accións formativas deberán presenta-la solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo II á presente orde, no rexistro das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude correspondente á provincia da súa residencia ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

2. No suposto de quereren participar en accións formativas en diferentes provincias, deberán formaliza-la súa solicitude para cada unha delas, tendo en conta que poderán solicitar ata un máximo de catro cursos en toda a Comunidade Autónoma.

3. Coa solicitude deberá achegarse a documentación acreditativa dos requisitos sinalados no artigo seguinte.

4. As solicitudes poderán presentarse desde o día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de xullo de 2001.

Artigo 4º.-Requisitos e criterios de selección de alumnos.

1. Requisitos de titulación.

Os aspirantes deberán posuí-la titulación académica e/ou a capacitación profesional esixida nos certificados de profesionalidade. No caso de non existir programas seguiranse os criterios que establezan os servicios competentes.

2. Os criterios para o acceso ós cursos que se convocan nesta orde serán os seguintes, por orde de prelación e con carácter excluínte:

Cursos: DOFF17 e DOFF13.

a) Docentes que estean impartindo ou impartisen cursos do Plan FIP no ano 2001 e que non teñan feito nin validado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en anos anteriores.

b) Docentes de escolas obradoiro, casas de oficios e talleres de emprego participantes en proxectos que se desenvolvan ou finalicen no ano 2001 e que non teñan feito nin validado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en anos anteriores.

c) Docentes que impartisen cursos do Plan FIP outros anos que non teñan feito nin validado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola

Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en anos anteriores.

d) Docentes de escolas obradoiro, casas de oficios e talleres de emprego que impartisen docencia outros anos e que non teñan feito nin validado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en anos anteriores.

e) Docentes do Plan FIP ou de escolas obradoiro, casas de oficios ou talleres de emprego que non estean en ningún dos casos anteriores.

f) Outros docentes dos subsistemas de formación profesional.

Cursos: DOFF14 e DOFF15.

a) Docentes que estean impartindo ou impartisen cursos do Plan FIP no ano 2001 e que teñan feito ou validado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en anos anteriores.

b) Docentes de escolas obradoiro, casas de oficios e talleres de emprego participantes en proxectos que se desenvolvan ou finalicen no ano 2001 que teñan feito ou validado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en anos anteriores.

c) Docentes que impartisen cursos do Plan FIP outros anos, que teñan feito ou validado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en anos anteriores.

d) Docentes de escolas obradoiro, casas de oficios e talleres de emprego que impartisen docencia outros anos e que teñan feito ou validado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en anos anteriores.

e) Docentes do Plan FIP ou de escolas obradoiro, casas de oficios ou talleres de emprego que non estean en ningún dos casos anteriores.

f) Outros docentes dos subsistemas de formación profesional.

3. Para establece-la orde de prelación dos candidatos, para cada un dos colectivos especificados no punto anterior, no caso de que o número de aspirantes sexa superior ó de prazas ofertadas, valoraranse, por esta orde e con carácter excluínte, os seguintes aspectos:

a) Pertenza ó catálogo de expertos da Xunta de Galicia.

b) A experiencia profesional durante os últimos dez anos na especialidade ou especialidades nas que o aspirante imparte ou pretenda impartir cursos, valorándose con tres puntos cada ano acreditado.

c) A impartición de cursos de formación ocupacional, valorándose por cada cincuenta horas impatidas un punto, sempre que o curso sexa do Plan FIP ou dos impartidos en escolas obradoiro, casas de oficios e talleres de emprego, acreditada a través de certificación do responsable das entidades impartidoras na que se faga consta-la denominación dos cursos, datas de impartición, número de horas impartidas e programación á que corresponde.

d) A impartición de cursos de formación continua, valorándose por cada cincuenta horas impartidas un punto, sempre que o curso fora realizado ó amparo dos Acordos Nacionais de Formación Continua, acreditada a través da certificación do responsable da entidade impartidora, na que se faga consta-la denominación da acción formativa, datas de impartición, número de horas impartidas, número de plan e ano de convocatoria.

e) En caso de empate coa puntuación obtida nas alíneas b) e c), terán preferencia os aspirantes que teñan maior puntuación na alínea c).

4. Para a asistencia ós cursos monográficos será requisito imprescindible ter realizado ou validado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en anos anteriores e na selección dos asistentes terase en conta a experiencia profesional e a impartición de cursos de formación ocupacional, de acordo cos criterios sinalados nas alíneas b) e c) do punto anterior.

Artigo 5º.-Resolución.

A selección definitiva dos alumnos asistentes ós cursos realizarase por resolución do/a respectivo/a delegado/a provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no prazo de tres meses contados desde o día seguinte ó da publicación da presente orde, notificándoselles persoalmente ós interesados. Transcorrido o citado prazo sen que recaese resolución expresa, esta entenderase desestimatoria.

Contra as resolucións dos delegados provinciais poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Formación e Colocación para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e execución da presente disposición.

Segunda.-Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2001.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO I

Programación formación de formadores 2001

Clave do cursoDenominaciónMes aproximado de inicio e horarioLugar impartición

C-1DOFF15-Procesos de mellora da calidade da formación (50 horas).Setembro

(Mañás)

A Coruña

C-2DOFF15-Procesos de mellora da calidade da formación (50 horas).Outubro

(Mañás)

A Coruña

C-3DOFF14-Avaliación da formación (70 horas).Novembro

(Mañás)

A Coruña

C-4DOFF15-Procesos de mellora da calidade da formación (50 horas).Outubro

(Mañás)

Santiago de Compostela

C-5DOFF17-Planificación e deseño de programas de formación (80 horas).Outubro

(Tardes)

Santiago de Compostela

C-6DOFF17-Planificación e deseño de programas de formación (80 horas).Novembro

(Tardes)

Santiago de Compostela

C-7DOFF14-Avaliación da formación (70 horas).Novembro

(Mañás)

Ferrol

LU-1DOFF15- Procesos de mellora da calidade da formación (50 horas).Outubro

(Mañás)

Lugo

LU-2DOFF14- Avaliación da formación (70 horas).Novembro

(Mañás)

Lugo

OU-1DOFF17- Planificación e deseño de programas de formación (80 horas).Novembro

(Mañás)

Ourense

OU-2DOFF13-Dirección de procesos de aprendizaxe (180 horas).Setembro

(Mañás)

Ourense

OU-3DOFF14- Avaliación da formación (70 horas).Setembro

(Tardes)

Ourense

OU-4DOFF14- Avaliación da formación (70 horas).Novembro

(Tardes)

Ourense

OU-5DOFF15-Procesos de mellora da calidade da formación (50 horas).Outubro

(Tardes)

Ourense

OU-6DOFF15-Procesos de mellora da calidade da formación (50 horas).Decembro

(Tardes)

Ourense

PO-1DOFF17- Planificación e deseño de programas de formación (80 horas).Setembro

(Mañás)

Vigo

PO-2DOFF14- Avaliación da formación (70 horas).Setembro

(Mañás)

Vigo

PO-3DOFF15-Procesos de mellora da calidade da formación (50 horas).Outubro

(Mañás)

Vigo

PO-4DOFF13-Dirección de procesos de aprendizaxe (180 horas).Outubro

(Mañás)

Vigo

PO-5DOFF14- Avaliación da formación (70 horas).Novembro

(Tardes)

Pontevedra

PO-6DOFF15-Procesos de mellora da calidade da formación (50 horas)Novembro

(Tardes)

Pontevedra

Cursos monográficos

Clave do cursoDenominaciónMes aproximado de inicio e horarioLugar impartición

C-M-1Comunicación asertiva: a arte de defenderse sen atacar (25 horas).Decembro

(Mañás)

A Coruña

C-M-2Introducción á formación a distancia (40 horas).Decembro

(Mañás)

Santiago de Compostela

C-M-3Comunicación asertiva: a arte de defenderse sen atacar (25 horas).Outubro

(Mañás)

Ferrol

LU-M-1Corel (20 horas).Setembro

(Mañás)

Lugo

LU-M-2Internet (20 horas).Setembro

(Mañás)

Lugo

LU-M-3Power Point (20 horas).Outubro

(Mañás)

Lugo

PO-M-1Confección de material didáctico con Power Point (20 horas)Novembro

(Tardes)

Vigo

PO-M-2Confección de material didáctico con Coral Drau (30 horas)Novembro

(Tardes)

Vigo

PO-M-3Internet para a formación (20 horas).Decembro

(Tardes)

Vigo