Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.636

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de corrección de erros do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira da provincia da Coruña.

Visto o texto de acordo de corrección de erros do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira da provincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-5-2001, subscrito pola comisión paritaria do convenio o día 26-4-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto

refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de maio de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio por corrección de erros

Asistentes:

Parte empresarial:

Ramón Romero Quintáns.

Benito García Sánchez.

Manuel Piñeiro Esperante.

Parte sindical:

Juan Carlos Tubío Redondo (UGT).

Santiago Huertas Pozurama (CC.OO).

Victorino Ares Prado (CIG).

Na Coruña, ás 16.30 horas do 26 de abril de 2001, reúnense os compoñentes da comisión paritaria do convenio colectivo provincial de serradoiros e rematantes da madeira da provincia da Coruña, para corrixir un erro no texto do convenio vixente publicado no BOP nº 3, do 5 de xaneiro de 1999 e no Diario Oficial de Galicia nº 28, do 11 de febreiro.

Reunidas ámbalas partes, procédese á corrección do erro do texto do convenio publicado no BOP xa citado, incluído na súa páxina 87 e no DOG tamén citado, na súa páxina nº 1.532, o artigo 35 «Seguro de invalidez ou morte por accidente na súa letra b)», onde di: «Por invalidez permanente, total absoluta, segundo...». E coa corrección, agora dirá: «Por invalidez permanente, total ou absoluta, segundo...».

Así mesmo, na publicación do BOP antes citado, tamén existe un erro no mesmo artigo 35, na súa letra a), onde di: «Por morte 4.000.0000 de pesetas». E coa corrección, agora dirá: «Por morte 4.000.000 de pesetas». Este erro non se atopa no texto publicado no DOG antes citado.

Acordando entre as partes presentes o contido da corrección do artigo 35, letras a) e b) do convenio vixente, acórdase que a súa interpretación é que na letra a) a cantidade de indemnización por morte é de catro millóns de pesetas e que a letra b) garante un seguro de invalidez nos casos de invalidez permanente, invalidez total e invalidez absoluta, segundo o baremo da póliza, cun máximo de cinco millóns de pesetas.

E sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 18.30 horas da data arriba indicada, asinando, en sinal de conformidade, a totalidade dos asistentes.