Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.642

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e a data de realización do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

O punto 5 da base sexta a) da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que os exercicios da fase de oposición se realizarán no lugar e á hora que se fixe nunha resolución da autoridade convocante, que deberá de publicarse no Diario Oficial de Galicia, logo do acordo ó respecto do correspondente tribunal.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre o lugar, a data e a hora de realización do primeiro exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no DOG, facultándose para iso expresamente a esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes admitidos con carácter definitivo para o ingreso nas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocadas na Resolución do 20 de marzo de 2001 para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición consonte a seguinte distribución:

Día 6 de xullo de 2001:

Chamamento 10 horas: fisioterapeuta, traballador social, matrona, TEAP, cociñeiro.

Chamamento 16.30 horas: xestión da función administrativa, TEL, TER, hixienista dental.

Día 7 de xullo de 2001:

Chamamento 9 horas: persoal de servicios xerais.

Chamamento 13 horas: auxiliar da función administrativa.

Chamamento 18 horas: auxiliar de enfermería.

Día 8 de xullo de 2001:

Chamamento 9 horas: técnico da función administrativa, pinche.

Chamamento 12.15 horas: celador.

Chamamento 17 horas: ATS/DUE.

Segundo.-Este primeiro exercicio realizarase no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).

Terceiro.-Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro. O chamamento é único, polo que se excluirá do concurso-oposición a quen non compareza por calquera causa.

Cuarto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos