Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 18 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación do acordo polo que se ordena a incoación do expediente sancionador 59.50.00, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e da Lei 4/1999, que modifica parcialmente a citada Lei 30/1992, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, na súa condición de promotor, a proposta de resolución que formula o instructor, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (no sucesivo L.C.) e do seu regulamento (en diante R.C.).

O que se lle comunica ó interesado de conformidade cos artigos 19.1º do R.D. 1398/1993 e 194.10º do Regulamento de costas, para que no prazo de quince (15) días, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poida obte-las copias dos documentos que constan no expediente que estime oportunos e formula-las alegacións e presenta-los documentos que crea pertinentes, perante o instructor do procedemento.

Pontevedra, 8 de maio de 2001.

José Luís Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 59.50/00.

Denunciado/a: Matilde Rodríguez González.

Condición: promotora.

Último enderezo coñecido: r/ Remanso nº 6, 36215 Vigo.

Data da proposta: 15-3-2001.

Feitos: instalación de caravana, construcción de anexo a ela de ladrillo e aluminio e construcción de cerrume.

Lugar: Area Brava.

Concello: Cangas.

Proposta: en aplicación dos artigos 95.1º e 97.1º da L.C. e artigos 179.1º e 180 b) do R.C. proponse

a imposición a Matilde Rodríguez González, na súa condición de promotora, dunha multa de seiscentas corenta e unha mil trescentas sesenta e dúas pesetas (641.362 pesetas), 3.854,66 euros, que deberá aboar ingresando na conta nº 2091-0388-90-3110001181 da oficina de Caixa Galicia en Pontevedra, a citada cantidade, desde que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que recaia e que se lle ordene volve-los terreos nos que se executou a obra obxecto deste expediente ó seu primitivo estado, debendo realizalo no prazo dun mes, desde que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que sobre do particular recaia. Transcorrido o prazo sen que se cumprise o ordenado, imporáselle unha multa coercitiva por importe de sesenta e catro mil cento trinta e seis pesetas mensuais (64.136 pesetas), 385,46 euros, ata a súa total execución, procedéndose á súa execución subsidiaria por conta do infractor e á súa costa, caso de que este non o leve a cabo.