Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 31 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador OU 022/01C, por infracción da Lei de caza.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xullo).

Noméase instructora dos expedientes a Míriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5ª planta, formular alegacións, achega-los documentos que consideren convenientes na súa defensa e propoñer probas concretando os medios de que pretendan valerse.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 31 de maio de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 022/01C.

Denunciado: José Casas Calvo.

DNI: 34683482B.

Último enderezo coñecido: Paseo Marítimo, 7-3º. A Coruña.

Feito denunciado: cazar provisto dunha escopeta cargada e lista para o disparo, do calibre 12, marca L.I., modelo 04, número 70481, na estrada de Petín a Santa Olaia.

Precepto infrinxido: artigo 25.4º da Lei de caza de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 57.35º da Lei de caza de Galicia.

Sanción: 20.000 pesetas.