Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/14-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32045 Ourense.

Denominación: subestación S. Cibrao 132/20-nova posición 132 kV O Carballiño.

Situación: polígono industrial de San Cibrao das Viñas.

Descricións técnicas: na subestación de 132/20 kV (expediente 1114-A.T.) do polígono industrial de San Cibrao das Viñas amplíarase o parque de 132 kV cunha nova posición de liña: O Carballiño 132 kV, co que estará constituída por: simple xogo de barras en 132 kV para as posicións de liña seguintes: 102-Os Peares, 104-Barbaña, 107-Allariz e 106-O Carballiño; dúas posicións de transformador: trafo I e trafo II; unha posición de medida de tensión en barras, transformadores de tensión de liña, transformadores de intensidade, interruptores, seccionadores, embarrado, pararraios autoválvulas e transformadores de tensión en barras, todo de intemperie.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto

rización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.

Ourense, 9 de maio de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense