Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/53-2, 5627 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Llacín e Lentomil.

Situación: A Fonsagrada.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV a C.T. de Llacín en conductor LA-56 de 11 m de lonxitude. L.M.T. a 20 kV a C.T. de Lentomil en conductor LA-56 de 501 m de lonxitude. C.T. en Llacín de 50 kVA relación 20.000/380-220 V. C.T. en Lentomil de 50 kVA relación 20.000/380-220 V. L.B.T. en conductor R.Z. de 340 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 9 de maio de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo