Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 315/2000).

Vista a solicitude para a autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados pola expropiación, así como para a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Mil de Arriba (Moeche).

Liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 240 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 3 da liña que alimenta o C.T. Canosa e final no C.T. Mil de Arriba, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Mil de Arriba, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 320 m de lonxitude que se conecta á rede existente. No termo municipal de Moeche.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, e publicouse no DOG do 14 de febreiro, no BOP do 26 de xaneiro, no xornal La Voz de Galicia do día 18-1-2001 e nos taboleiros de anuncios da casa do Concello de Moeche. Tamén foron notificados individualmente os interesados que figuran na devandita relación.

Comprobouse igualmente que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non se daren as condicións previstas no

artigo 57.B da devandita lei e no artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública, o que leva implícita a necesidade de ocupa-los bens ou de adquiri-los dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 9 de maio de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña