Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.595

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 1 de xuño de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 13 de xuño) pola que se publica a adxudicación definitiva do concurso de traslados de mestres convocado pola Orde do 10 de outubro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 24 de outubro).

Advertidos erros na resolución que se cita, cómpre face-las correspondentes rectificacións:

No anexo II, páxina 7.921, onde di: «IES Antonio Fraguas-Santiago +1-23», debe eliminarse.

No mesmo anexo e páxina, onde di: «CEIP Rosalía de Castro-Vilagarcía de Arousa +1-34», debe igualmente eliminarse.

No anexo IV, páxina 7.922, desistencias, onde di: «Casal Oro, María del Carmen», debe eliminarse.

NOTA: en consecuencia a interesada non perde o dereito preferente que ten acreditado.