Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.595

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2001, dos tribunais números 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D) convocado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de xuño de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 14 de xuño), pola que se fixa a data, a hora e o lugar da celebración do segundo exercicio do devandito proceso.

Na sesión conxunta do día 25 do mes de xuño de 2001, os tribunais números 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D) convocado mediante orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de xuño de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 115, do 14), e de conformidade coas bases da convocatoria acordaron:

1. Realiza-lo segundo exercicio da fase de oposición o día 30 de xuño de 2001, ás 11 horas na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela.

2. Convocar ó citado segundo exercicio a tódolos aspirantes que superaron o primeiro e que non acreditasen a posesión do título de iniciación ó galego ou estudios equivalentes, tal e como establece a base II.1.1.b) da convocatoria.

3. As listaxes cos opositores que deben realiza-lo exercicio estarán a disposición dos interesados no Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública, en Santiago de Compostela.

Tódolos opositores deberán comparecer no lugar e día indicado para a celebración do exercicio, ás 10 horas, provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, así como bolígrafo ou pluma estilográfica.

3. Que se publique o presente acordo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2001.

Javier Batán RodríguezRamón del Valle López

Presidente do tribunal nº 1Presidente do tribunal nº 2

Lourdes Batán Aira

Presidenta do tribunal nº 3