Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.594

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acepta a renuncia formulada por un aspirante ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia.

Por resolución desta Dirección Xeral da Función Pública do 28 de maio de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 105, do 31 de maio de 2001, elevouse a definitiva a proposta de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), efectuada polo Tribunal cualificador de conformidade co previsto na base V da convocatoria realizada por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de xuño de 2000.

Na antedita resolución figura Pablo Valencia Vila, DNI: 32.797.455-F, quen, mediante escrito presentado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, renuncia ós dereitos que lle correpondan no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia.

Por esto, esta Consellería da Presidencia e Administración Pública, en aplicación do previsto nos artigos 90 e 91 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Acepta-la renuncia formulada por Pablo Valencia Vila, DNI: 32.977.455-F.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública