Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

APROBACIÓN definitiva de estudio de detalle da urbanización rúa Ourense.

O Pleno do Concello de Melide, en sesión do 18 de maio de 2001, acordou aprobar definitivamente o estudio no núcleo urbano de Melide (entre a rúa Ourense e a estrada a Piñor), confeccionado polo arquitecto José C. Arrojo Lois, sendo promotora a entidade Construcciones Martínez-Cordido, S.L.

O que se fai público para a súa efectividade, en cumprimento do previsto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderase impugnar directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. No suposto de que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que

este deba entenderse presuntamente desestimado. No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Todo isto sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que en dereito se considere oportuno.

Melide, 7 de xuño de 2001.

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde