Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o 29 de marzo de 2001, aprobou definitivamente o estudio de detalle para o axuste de aliñacións no cuarteirón 28A-2 e 28A-3, do Plan Parcial Reformado do Polígono de Esteiro, de acordo co expediente tramitado para efecto, sendo o teor do acordo o seguinte:

Visto o expediente de proxecto de estudio de detalle para aliñacións no cuarteirón 28A-2 e 28A-3. do Plan Parcial Reformado do Polígono de Esteiro. Resultando que o Concello Pleno en sesión celebrada o 30 de novembro do ano en que andamos aprobou inicialmente o referido proxecto de estudio de detalle, que foi sometido a información pública regulamentaria polo prazo dun mes, sendo exposto no taboleiro de anuncios do concello do 26 de decembro ó 12 de marzo, ámbolos dous inclusive, publicado en La Voz de Galicia e no DOG número 29 do 9 de febreiro do corrente. Durante o período de información pública non se presentaron alegacións segundo consta no certificado no rexistro xeral. Polas razóns expostas, a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras en sesión celebrada o 15 de marzo de 2001, en votación ordinaria e por unanimidade, estimou oportuno propoñer ó Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos: primeiro: aprobar definitivamente o estudio de detalle para o axuste

de aliñacións no cuarteirón 28A-2 e 28A-3 do Plan Parcial Reformado do Polígono de Esteiro. Segundo: proceder á súa publicación regulamentaria.

O que se fai público para xeral coñecemento; poderase interpor contra a mencionada aprobación recurso potestivo de reposición ante o órgano que dictou a presente resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, sen prexuízo da posibilidade de interponer directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13

de xullo, reguladora da xurisdicción contenciosa-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 18 de abril de 2001.

Xaime Bello Costa

Alcalde