Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (15/1997).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria realizada con data do 10 de maio de 2001 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do polígno 7 B do SU-3 do PXOU de Ourense

por instancia de Antonio Piña Antón como presidente da Xunta de Compensación do dito polígno coas condicións téncias fixadas polos servicios municipais de datas 15 de xuño de 2000, 15 xaneiro de 2001 e 19 de xaneiro de 2001 debendo consignarse garantía en calquera das formas previstas na lexislación vixente polo importe de 180.993.324 pesetas, co obxecto de asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 16 de maio de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente