Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2001 pola que se anuncia concurso para a contratación de diversas obras.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, das obras:

1. E.P. 7017 As Casetas (Forcarei): 30.000.000.

2. E.P. 6506 Breixa-Manduas (Silleda): 28.000.000.

3. E.P. 7204 Soutelo de Montes-Ratel (Forcarei): 20.000.000.

4. Dotación servicios e mellora pavimento en C.P. 2604 Puxeiros á C.P. O Meixoeiro-CUVI (Mos): 20.500.000.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: grupo G, subgrupo 4, categoría c, para as catro obras. Ademais da anterior clasificación, para a obra nº 4 precísase o grupo E, subgrupo 1, categoría b.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 10.30 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 12 de xuño de 2001.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado