Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2001 pola que se anuncia poxa para a contratación de diversas obras.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante poxa, das obras:

1. E.P. 7010 O Foxo-Riobó (A Estrada): 15.000.000.

2. E.P. 8402 Cuntis-Cequeril (Cuntis): 15.000.000.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 10.30 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 12 de xuño de 2001.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado