Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOÉN

ANUNCIO de licitación.

Por decreto da Alcaldía do 12-6-2001 préstase aprobación ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o procedemento para a contratación da subministración que se cita.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Toén, r/ Ribadela, nº 1, Toén (Ourense).

2. Obxecto do contrato: subministración de materias para a construcción de nave de usos múltiples-Toén (Ourense) conforme o prego de cláusulas administrativas e o proxecto técnico redactado por José Ángel Rodríguez Rodríguez, enxeñeiro técnico de Obras Públicas, e aprobado por decreto da Alcaldía do 2-4-2001.

Prazo de subministración: dous meses.

3. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 9.215.759 pesetas (55.388,83 A), IVE e demais tributos incluídos.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: na Secretaría do Concello de Toén; r/ Ribadela, nº 1, 32930 Toén (Ourense). Teléfono: 988 26 10 74. Fax: 988 26 12 72.

7. Requisitos xerais do contratista: sinalados no prego de condicións administrativas.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo e lugar: no Concello de Toén, durante os 15 días naturais, desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos boletíns no que apareza (BOP ou DOG), das 9 ás 14 horas de luns a venres, no rexistro xeral do concello.

b) Documentación que hai que presentar: proposición para tomar parte na licitación para subministración de materias para a construcción de nave de usos múltiples-Toén (Ourense), constarán de tres sobres pechados A, B e C, que conterán a documentación sinalada na cláusula III.2 do prego de condicións particulares, denominados:

Sobre A) Documentación administrativa.

Sobre B) Referencias técnicas.

Sobre C) Oferta económica.

9. Apertura de ofertas: ás trece horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións, considerándose para este caso inhábil o sábado.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Toén, 13 de xuño de 2001.

José Puga Suárez

Alcalde