1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Santiago de Compostela.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Servicios Comunitarios.
c) Número de expediente: 133/2001.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: localización e tramitación de alteracións catastrais declaradas no correspondente modelo 902 e a detección e tramitación de omisións ata a súa inclusión na base de datos catastral, correspondentes ó Concello de Santiago de Compostela.
b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.
c) Prazo de execución ou data límite de entrega: doce meses, aínda que poderá prorrogarse.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 30.000.000 de pesetas (180.303,63 euros), incluído IVE.
5. Garantías.
Provisional: 600.000 pesetas (3.606,07 euros).
6. Obtención de documentación e información.
Documentación: Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo, 19-21, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono e fax: 981 59 33 85.
Información: Concello de Santiago de Compostela (Contratación). Pza. Obradoiro, 1, 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 23 75 e fax: 981 57 76 27.
Data límite de obtención de documentos e información: 15 días naturais contados a partir da última publicación realizada no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia (DOG).
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partir da última publicación realizada no BOP e no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 7.1 do prego de condicións económicas particulares.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Santiago de Compostela (rexistro xeral).
2ª Domicilio: rúa da Trindade, 1, (Pavillón da Trindade).
3ª Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Santiago de Compostela (Secretaría).
b) Domicilio: praza do Obradoiro, 1.
c) Localidade: 15705 Santiago de Compostela.
d) Data: segundo día hábil seguinte, non sábado, ó remate do prazo de presentación de proposicións.
e) Hora: 12 horas.
9. Outras informacións: os criterios de adxudicación son os especificados na cláusula 6.2 do prego de condicións.
Así mesmo, exponse ó público o prego que rexe a licitación, durante o prazo de 8 días, no Negociado de Contratación, para os efectos previstos no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2001.
P.D.
Luís Toxo
Tenente alcalde