Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.480

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2001, da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, pola que se anuncia a poxa pública á alza da propiedade do Estado-ramo de Defensa denominada Axudantía Militar de Mariña de Corcubión (A Coruña).

Edificio situado na rúa Antonio Porrúa, número 10, onde dá a fachada da vila de Corcubión (A Coruña).

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Corcubión, no tomo 306, libro 8, folio 11, predio número 886.

Superficie da parcela e ocupada polo edificio: 119,8 metros cadrados. Superficie construída: 359,4 metros cadrados.

Cantidade tipo para a poxa: 8.041.383 pesetas (48.329,69 euros).

Foi desafectada, declarada a súa alleabilidade e posta á disposición da entón Xerencia de Infraestructura da Defensa, hoxe Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, con data do 19 de xullo de 1993.

Características físicas, técnicas e usos urbanísticos da propiedade: as que figuran no prego que rexe para a poxa.

O acto de poxa celebrarase en Madrid ante a mesa constituída para o efecto, na Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, rúa da Princesa, número 32-36, de Madrid, o día 17 de xullo de 2001, a partir das nove trinta horas.

Información e pregos: nas oficinas da Delegación da GIED en Galicia e Asturias, Costa da Palloza, número 1-2º, departamento 7 da Courña (teléfono: 981 17 61 11), e na Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, no domicilio antes indicado (teléfono: 91 548 96 80) en horario de oficina, así como na páxina web: www.gied.es.

Madrid, 12 de xuño de 2001.

Juan Antonio Miguélez Paz

Director xerente do Xindef