Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do día 5 de xuño de 2001, acordou o inicio do procedemento de tramitación do proxecto de compensación do subpolígono nº 2 A do Plan parcial do sector SAUI-1, sito en Meicende, Arteixo, promovido por Invetscos, S.A., representada por José Antonio Souto Meizoso, e redactado polo Grupo Taller de Arquitectos e Urbanistas, procedéndose en consecuencia a efectua-las notificacións que sinala o artigo 102.4º da Lei 1/1997, e ó mesmo tempo sometelo a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que consideren convenientes. (Expediente 27/2001.COM).

Ó mesmo tempo suspéndese o outorgamento de licencias de parcelación e edificación no ámbito do subpolígono nº 2 A do Plan parcial do sector SAUI-1 mentres o presente proxecto non sexa aprobado definitivamente.

Arteixo, 11 de xuño de 2001.

P.D. (Decreto nº 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde