Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

EDICTO.

Aprobado polo Pleno da Corporación, inicialmente, o estudio de detalle na zona de modificación puntual do PXOU entre as casas baratas e o campo de fútbol, dentro do núcleo urbano de Celanova, redactado polo gabinete de arquitectura XDF, S.L., exponse ó público polo prazo dun mes, contado a partir da aparición deste anuncio no DOG, quedando o procedemento á disposición de calquera persoa física ou xurídica que o queira examinar na secretaría do concello, para deducir alegacións.

Celanova, 12 de xuño de 2001.

O alcalde

Rubricado