Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 5 de xuño de 2001, acordou aprobar inicialmente o expediente de división do polígono nº 2 do Plan parcial do sector SAUI-1 das NN.SS. de planeamento de Meicende, promovido por Investcos, S.A., representada por José Antonio Souto Meizoso (expediente 26/2001.DUA), o cal queda sometido a información pública polo prazo de 20 días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e poderán presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta non se puidese practicar, sirva este anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se recolle no punto 4º do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 11 de xuño de 2001.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde