Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 2 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de denegación do 13 de marzo de 2001 das axudas para o fomento dos contratos en prácticas e para a innovación tecnolóxica do expediente administrativo FM 342C 00/244-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de denegación das axudas para o fomento dos contratos en prácticas e para a innovación tecnolóxica da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

1º Expedientes de procedemento: FM 342C 2000/244-5.

Orde de convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: María Ana Ulla Durán.

Enderezo: avda. Castelao 21 baixo, 36209 Vigo.

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 13 de marzo de 2001, ó abeiro da Orde do 13-3-2000.

Resolución:

«Examinada a solicitude de axudas pola contratación en prácticas de traballadores, presentada por María Ana Ulla Durán, en nome e representación

de María Ana Ulla Durán, e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 12-6-2000.

Segundo.-Das actuacións realizadas e da documentación do expediente resulta o incumprimento dos requisitos esixidos para a concesión das axudas solicitadas en virtude dos motivos indicados no fundamento segundo.

Terceiro.-Na tramitación deste expediente, observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos

Primeiro.-A competencia para coñecer e resolve-la presente solicitude corresponde, por delegación da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a esta delegación provincial, de acordo co artigo 3 da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo) pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2000.

Segundo.-O incumprimento dos requisitos e condicións esixidos na orde reguladora vén motivado polas razóns seguintes:

O contrato polo que se solicitan as axudas establece unha duración inicial de seis meses, polo que se incumpre os requisitos de duración inicial non inferior a doce meses esixido na base 4ª.3 do anexo E.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

Acorda

Non lle conceder a María Ana Ulla Durán a axuda solicitada pola contratación en prácticas de Alicia López Iglesias, polas razóns expostas no fundamento segundo desta resolución.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 25 de xaneiro de 2001. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial. ».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 2 de maio de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra