Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 2 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 27 de xuño de 2000 de concesión de axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 342B 00/429-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión de axudas á contratación indefinida da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 22-3-1999 (DOG nº 62, do 31 de marzo), de acordo co disposto no artigo 1 da Orde do 28-12-1999 (DOG nº 251, do 30 de decembro), publícase:

1º Expediente de procedemento: FM 342B 2000/429-5.

Orde de convocatoria: 22 de marzo de 1999 (DOG nº 62, do 31 de marzo), de acordo co disposto no artigo 1 da Orde do 28-12-1999 (DOG nº 251, do 30 de decembro).

Interesado: Bras Telecomunicaciones e Instalaciones, S.L.

Enderezo: Calvo Sotelo 12-1º, 36860 Ponteareas.

Asunto: resolución ó abeiro da Orde do 22-3-1999 (DOG nº 62, do 31 de marzo), de acordo co disposto no artigo 1 da Orde do 28-12-1999 (DOG nº 251, do 30 de decembro) do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 27 de xuño de 2000.

Parte dispositiva da resolución:

«Acorda

Primeiro.-Denegarlle a Bras Telecomunicaciones e Instalaciones, S.L. as axudas e subvencións solicitadas por Roberto Peso Vázquez (apoderado da empresa), dado que o artigo 16 b) especifica que se exclúen dos beneficios establecidos no programa desta orde os contratos realizados con quen desempeñe cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos, como ocorre neste caso, segundo a documentación que consta no expediente.

Segundo.-Concederlle a Bras Telecomunicaciones e Instalaciones, S.L., as axudas e subvencións pola contratación indefinida de 3 traballadores nas contías seguintes:

Axuda pola contratación indefinida inicial de 3 traballadores, por un importe total de 1.000.000 de pesetas.

Terceiro.-Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade co artigo 24.1º da orde de convocatoria, á presentación por parte do beneficiario, no prazo de 10 días hábiles desde o

seguinte ó desta notificación, dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:

Certificados de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social.

Certificados de atoparse ó día na Axencia Estatal Tributaria.

Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvención solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto, ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

Alta no imposto de actividades económicas compulsado.

TC1 e 2, dos meses seguintes: abril/2000, novembro/1999, marzo/1999 e decembro/1998 (as empresas dadas de alta con posterioridade a esas datas presentarán os TC que correspondan e a inscrición da empresa na Seguridade Social, modelo TA-6).

Cuarto.-Lembrarlle ó beneficiario o necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación establecidos nos artigos 8.2º e 25 da orde de convocatoria, así como a revogación e o reintegro da subvención no caso de incumprimento, previstos na disposición adicional segunda da citada orde.

Contra esta resolución o interesado poderá interpoñer, ó abeiro do artigo 22.3º da orde de convocatoria e de conformidade cos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), recurso de alzada ante a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no prazo dun mes desde o día seguinte ó desta notificación.

Vigo, 27 de xuño de 2000. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 2 de maio de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra