Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2001 pola que se autoriza o cambio de localización do viveiro denominado Mascato.

Visto o expediente instruído para efectos de outorgamento de autorización para o cambio de localización dun viveiro, apreciáronse os seguintes.

A) Feitos.

Primeiro: mediante escrito con data 12 de marzo de 2001, Manuel Caamaño Martínez (DNI 33.146.366P) solicitou permiso para o cambio de localización do viveiro denominado Mascato, situado na cuadrícula 6 do polígono Noia A, distrito de Noia (A Coruña).

Segundo: o interesado achegou a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.

Terceiro: no expediente consta a seguinte documentación.

-Informe técnico das características e localización do viveiro.

-Informe das organizacións representativas do sector.

B) Fundamentos de dereito.

Primeiro: este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), e co Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Segundo: o expediente tramitouse de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vistos os antecedentes citados e de acordo cos fundamentos de dereito, esta consellería.

RESOLVE:

Outorgarlle a Manuel Caamaño Martínez (DNI 33.146.366P) autorización para o cambio de localización do viveiro que se indica:

-Subtipo: batea.-Nome: Mascato.-Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).-Localización actual: cuadrícula: 6. Polígono: Noia A. Distrito: Noia (A Coruña).-Nova localización: cuadrícula: 12. Polígono: Noia A. Distrito: Noia (A Coruña).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira: o cambio de localización realizarase no prazo máximo de 3 (tres) meses contados desde o día seguinte ó da publicación no DOG desta resolución. Rematado o citado prazo sen que o cambio se levase a cabo, a autorización quedará sen efecto.

Segunda: o viveiro contará coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia para o traslado á nova localización.

Terceira: a data de fondeo deberá ser comunicada con antelación suficiente, mediante escrito dirixido á delegación territorial desta consellería na Coruña, para os efectos de que este se realice baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servicio de Protección de Recursos.

Cuarta: a concesión manterá os prazos, dereitos e obrigas da anterior localización.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2001.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG número 246,

do 22 de decembro)

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura