Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza á empresa Gas Galicia SDG, S.A. o cambio das características do gas que se vai subministrar nas instalacións centralizadas de GLP das urbanizacións Rivera de Atienza de Vigo e rúa Bélxica número 17-Monte Porreiro de Pontevedra, pasando de propano a gas natural.

Examinados os expedientes instruídos por instancia da empresa Gas Galicia SDG, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Área Central, r/ Lisboa s/n, local 31-HIJ, polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, resultan os seguintes antecedentes de feito.

Primeiro.-Con datas do 14 de outubro de 1993 e do 23 de novembro de 1995, a Consellería de Industria e Comercio outorgoulle a Gas Galicia SDG, S.A. as concesións administrativas para subministración e distribución de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais nos termos municipais de Vigo e Pontevedra, respectivamente.

Segundo.-Gas Galicia é a propietaria das instalacións de GLP da urbanización Rivera de Atienza de Vigo (expedien 969/1994), da que obtivo o 4 de xaneiro de 2000 autorización definitiva para a subministración regular de combustible. O 3 de abril de 2001, a Delegación Provincial de Pontevedra autorizou a Gas Galicia o cambio de titularidade da instalación de GLP 1996/1345, situada en r/ Bélxica 17-Monte Porreiro (Pontevedra), da que era titular o Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Terceiro.-Con datas do 19 de xullo de 2000 e do 13 de novembro de 2000, Gas Galicia SDG, S.A. solicitou, ó amparo da Lei 34/1998 e o Decreto 2913/1973, polo que se aproba o Regulamento do servicio público de gases combustibles, autorización administrativa para o cambio das características do gas para subministrar na urbanización Rivera de Atienza de Vigo e na rúa Bélxica

nº 17-Monte Porreiro, de Pontevedra, de propano a gas natural.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste proxecto está informada favorablemente pola Delegación Provincial de Pontevedra.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio , modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación coa Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, cos decretos 2913/1973, do 26 de outubro e 1775/1967, do 22 de xuño.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Autorizarlle á empresa Gas Galicia SDG, S.A., o cambio de gas que se subministrará nas instalacións centralizadas de GLP das urbanizacións Rivera de Atienza, en Vigo, e r/ Bélxica nº 17, Monte Porreiro de Pontevedra, de propano a gas natural.

A presente autorización outórgase de acordo coas seguintes condicións:

Primeira.-Tal e como se dispón no artigo 38 do Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, polo que se aproba o Regulamento do servicio público de gases combustibles, ó varia-las características do gas subministrado, a empresa subministradora queda obrigada cos titulares dos contratos en vigor a substituír ou adaptar tódolos elementos das instalacións receptoras afectadas polos cambios, e aqueles aparellos de utilización declarados no contrato e, de se-lo, o contador, sen que isto poida reportar ningún custo para o usuario.

Segunda.-As instalacións receptoras de gas, a partir da acometida, tanto as comúns como as individuais, deberán cumpri-lo disposto no Regulamento de instalacións de gas en locais destinados a usos domésticos, colectivos ou comerciais e normas complementarias.

Terceira.-A empresa subministradora deberá desmantelar tódalas instalacións existentes que non sexan necesarias, tales como depósitos e bocas de carga, librando calquera reserva de dominio establecida por estes.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interporse, se é o caso, recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria