Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2001 pola que se convoca, mediante concurso aberto, a contratación en réxime de concesión do servicio de cafetería do edificio de servicios múltiples de Monelos (A Coruña).

1. Obxecto: servicio de cafetería no edificio de servicios múltiples de Monelos, A Coruña.

2. Garantía provisional: 600.000 pesetas (3.606,07 euros).

3. Garantía definitiva: 1.200.000 pesetas (7.212,14 euros).

4. Garantía complementaria: 1.200.000 pesetas (7.212,14 euros).

5. Canon anual: 300.000 pesetas (1.803,03 euros).

6. Documentos de interese para os litadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela, e no enderezo da Internet: http.//www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=479.

7. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión será de quince días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

8. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do décimo segundo día natural, contado desde o seguinte ó do termo do prazo para presenta-las ofertas. Se este fose inhábil ou sábado, a apertura levarase a cabo o seguinte primeiro día hábil.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2001.

P.D.(Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública