Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se someten a información pública expedientes de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada Lalín-Pontevedra, con anexos: V-3216; XG-360.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, inicióuse expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-3216; XG-360, Lalín-Pontevedra, con anexos, da titularidade da empresa Donado Campos, S.L., mediante a incorporación dos anexos necesarios para a realización dos tráficos seguintes:

Feros-Torre-Santa María das Cabezas-Tras do Eixo-Penelas-Covas-Os Tilos-Santiago de Composela.

Cacheiras-Sixto-Pedrouso-Vilar-Casaldomiro -Casal-Sebe-Santiago de Compostela.

Urbanización San Sadurniño-Santiago de Compostela.

Os interesados ou afectados nos expedientes poderán constituírse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente nos Servicios Provinciales de Transportes da Coruña e Pontevedra (estación de autobuses), efectua-las alegacións que estimen oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes