Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.455

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (186/2001).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dá fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co número 25/2001, se acordou a citación de Matilde Casais Vidal mediante a publicación da seguinte cédula de citación.

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar número 21/2001, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Matilde Casais Vidal, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 12 de xullo ás 11.15 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoa de que, de non verificalo, recaerán sobre ela os prexuízos a que houbese lugar en dereito.

A Coruña, 21 de maio de 2001.

A secretaria

Rubricado