Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.455

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2001 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións navais, do departamento de Construccións Navais, a Javier Bouza Fernández.

Visto o acordo da comisión de reclamacións do claustro universitario desta universidade, adoptado

na súa reunión do 18 de maio de 2001, polo que se ratifica a proposta formulada pola comisión encargada de xulga-lo concurso convocado por Resolución do 9 de xuño de 2000 (BOE do 6 de xullo) para a provisión da praza número 00/033 de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións navais, do departamento de Construccións Navais desta universidade, a favor de Javier Bouza Fernández, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Javier Bouza Fernández profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións navais, do departamento de Construccións Navais desta universidade.

A Coruña, 21 de maio de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña