Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.455

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2001 pola que se nomea catedrática de universidade da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada II, a Matilde Arranz Pérez.

Visto o acordo da comisión de reclamacións do claustro universitario desta universidade, adoptado na súa reunión do 18 de maio de 2001, polo que se ratifica a proposta formulada pola comisión encargada de xulga-lo concurso convocado por Resolución do 26 de abril de 2000 (BOE do 23 de maio) para a provisión da praza número 00/018 de catedrático de universidade da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada II desta universidade, a favor de Matilde Arranz Pérez, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Matilde Arranz Pérez catedrática de universidade da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada II desta universidade.

A Coruña, 21 de maio de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña