Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

O Pleno da Corporación, na sesión do día 14 de maio de 2001, aprobou inicialmente a modificación puntual das determinacións do vixente Plan xeral de ordenación urbana (PXOU) para o desenvolvemento do SUNP-1 (O Meixonfrío-I), SUNP-5 (A Muíña), SUNP-14 (Tras O Paxonal) e SUNP-22 (Castro de Abaixo), redactada polos servicios técnicos municipais.

A modificación proxectada cualifica os terreos afectados para a construcción de vivendas de protección pública, establecendo a actuación a través do sistema de expropiación.

De conformidade co disposto no artigo 42 da Lei do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo