Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VAL DO DUBRA

ANUNCIO de licitación.

De acordo co disposto no TRLCAP anúnciase o concurso con procedemento aberto e de tramitación urxente, das obras incluídas no Plan provincial de obras e servicios da deputación provincial, conforme o prego de cláusulas administrativas xerais aprobado polo Pleno da deputación provincial na sesión do día 30 de marzo de 2001 e publicados no BOP nº 78, do 4 de abril de 2001.

1. Obxecto e tipo de licitación. Adxudicación das obras incluídas nos proxecto de obra seguintes:

Denominación: abastecemento de auga nos lugares de Insua e Cebei.

Tipo de licitación: 19.885.779.

Denominación: travesía Corredoira 2ª F e outro.

Tipo de licitación: 13.934.092.

2. Prazo de execución: o prazo de execución será de seis meses desde a formalización do contrato.

3. Fianza provisional: non se esixe.

4. Fianza definitiva: fíxase no 4% do importe da adxudicación.

5. Lugar e prazo de presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG. Se o último día natural cadrase en sábado, o prazo trasladarase ó seguinte día hábil.

6. Apertura de proposicións: terá lugar ás 12 horas do décimo día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, no salón de sesións da casa consistorial. Se cadrase en sábado, trasladarase ó seguinte día hábil.

7. Modelo de proposición e documentación: as proposicións presentaranse en dous sobres, A e B pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, e coa documentación e requisitos esixidos na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Sobre A: subtitulado «Documentación»: conterá a documentación esixida na cláusula 12.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Sobre B: subtitulado «Oferta económica e referencias técnicas»: conterá a proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se especifica a seguir e, ademais, conterá as referencias técnicas esixidas na cláusula 12.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Modelo de proposición.

Don/Dona..., con domicilio en..., rúa..., número..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) número..., actuando no seu propio nome (ou en representación de..., DNI ou CIF número..., e con domicilio en..., número..., teléfono...) toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto... e para os efectos fai constar:

1º Que ofrece o prezo de... (IVE incluído) que significa unha baixa de..., en relación co tipo de licitación.

2º Que coñece e acepta cantas obrigas deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares deste contrato.

3º Que xunta a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En... o ... de... de 200...

O licitador (asinado e rubricado).

Val do Dubra, 15 de maio de 2001.

Juan Manuel Baleato Iglesias

Alcalde