Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A asemblea xeral da xunta de compensación da unidade de actuación númeo 4 (UA-4) do Plan especial de reforma interior número 7 (PERI-7) da Ponte Pedriña, na reunión do 19 de xaneiro de 2001 acordou aprobar inicialmente o proxecto de compensación da citada unidade. Así mesmo, o consello rector da xunta de compensación insta do concello, ó abeiro do previsto no artigo 134.1º da Lei do solo de Galicia, a ocupación da parcela non incorporada número 485, propiedade do Ministerio de Fomento, para a que se fixa unha compensación en metálico substitutiva de adxudicación de parcela edificable.

A Comisión de Goberno do concello, na sesión do día 7 de maio de 2001, acordou introducir varias modificacións no proxecto de compensación aprobado inicialmente pola xunta, que se incorporarán no acto da súa aprobación definitiva polo concello.

O ámbito da unidade de actuación sitúase na confluencia da avda. de Amor Ruibal coa estrada de Santiago de Compostela a Ourense, lindando polo norte co ámbito de solo urbanizable programado número 3 (SUP-3), e polo oeste co Instituto de Ensino Secundario da Ponte Pedriña.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, ó que se remite o 133.8º da mesma lei, o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días,

contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo