Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do concello, en sesión que tivo lugar o 31 de maio de 2001, aprobou defi

nitivamente o proxecto de urbanización do sector A 1 de San Cibrao das Viñas, conforme o acordo que transcrito literalmente di:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do sector A 1 de San Cibrao das Viñas, redactado polo arquitecto Miguel Pérez Moreiras por iniciativa de Pemosa, S.A., cun orzamento de execución material que ascende á cantidade de 128.859.843 pesetas, condicionado ó cumprimento na execución das obras das condicións impostas polo técnico municipal no seu informe do 22 de marzo de 2001.

Segundo.-Continua-lo procedemento establecido na Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

San Cibrao das Viñas, 8 de xuño de 2001.

A alcaldesa

Rubricado