Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente, pola Comisión Municipal de Goberno do Concello de Cangas, con data do 24 de maio de 2001, o proxecto de subdivisión da unidade de actuación nº 1, promovido por Supema, S.L., sométese a información pública, por un período de vinte días para efectos de reclamacións, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co sinalado polo artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, servindo este anuncio de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Cangas, 7 de xuño de 2001.

José Enrique Sotelo Villar

Alcalde