Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

EDICTO.

É obxecto desta convocatoria a provisión do cargo de xuíz de paz titular deste termo municipal, polo período de catro anos.

Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo para a presentación das solicitudes será de quince días hábiles contados a partir da última publicación desta convocatoria no BOP ou no DOG.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do concello das 9 ás 14 horas.

Condicións legais dos aspirantes:

1. Ser español.

2. Ser maior de 18 anos.

3. Non estar incurso en ningunha das incapacidades recollidas no artigo 303 da LOPX.

Documentación que hai que presentar coa solicitude:

1. Certificación de nacemento, DNI ou fotocopia cotexada.

2. Certificado expedido polo Rexistro de Penados e Rebeldes e declaración complementaria referente

a se se encontra inculpado ou procesado (artigo 2.1º a) da Lei 68/1980).

3. Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.

Arbo, 11 de xuño de 2001.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde