Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

Foron aprobados pola Comisión de Goberno, por delegación da alcaldía, os proxectos de urbanización que se indican, indicándose que esgotan a vía administrativa e poden impugnarse directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contará desde a súa publicación, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer previamente recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que o adoptou.

-Proxecto de urbanización de:

Travesía avda. Luis González Taboada e avda. Buenos Aires. C. Goberno 8-5-2001.

Rúa nº 56. C. Goberno 27-3-2001.

Urbanización e axardinamento e cesión de espacios libres dos edificios nº 59 e 61 da rúa Areal. C. Goberno 9-3-2001.

Travesía avda. da Estación, nº 43. C. Goberno 14-2-2001.

Prolongación da rúa Observatorio. C. Goberno 2-2-2001.

Urbanización travesías contorna cuarteiróns soares nº 34, 36 e 38, marxe dereita avda. Monserrat fronte AR-35. C. Goberno 26-2-2001.

Lalín, 10 de maio de 2001.

Xosé Crespo Iglesias

Alcalde-presidente