Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 18 maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución recaída no expediente de restitución e reposición da legalidade 71.14/00, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común e da Lei 4/1999, que modifica parcialmente a dita Lei 30/1992. notifícaselle ás empresas que se relacionan no anexo, na súa condición de promotora e interesada, a resolución do delegado desta consellería en Pontevedra, recaída no expediente de restitución e reposición da legalidade, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, de 28 de xullo, de costas, (no sucesivo L.C.) e ó seu regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da L.C., aprobado por R.D. 1471/1989, do 1 de decembro e modificado polos RR.DD. 1112/1992, do 18 de setembro e 1771/1994, do 5 de agosto (en adiante R.C.);

Contra esta resolución pódese interpoñer, segundo o artigo 114 e seguintes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 18 de maio de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 71.14/00.

Denunciado: Promiasa, S.A.

Último enderezo coñecido: r/ Michelena, nº 1 Pontevedra.

Interesado/a: Coporteliña, S.L.

Condición: favorecida por anotación preventiva de embargo.

Último enderezo coñecido: r/ San Guillermo, nº 23-baixo Pontevedra.

Data da resolución: 16-5-2001.

Feitos: construcción de vivendas en liña.

Lugar: Chancelas.

Concello: Poio.

Resolución: ordenar a Promiasa, S.A. volta-los terreos nos que se executaron as obras obxecto deste expediente ó seu primitivo estado, debendo ser realizado no prazo dun mes, desde que sexa definitiva en vía administrativa, a resolución que sobre do particular recaia. Transcorrido o prazo sen que se houbese cumprimentado o ordenado, procederase á execución subsidiaria pola Administración a costa do obrigado.