Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación de traballos de consultoría e asistencia técnica consistente na investigación de solos potencialmente contaminados nos lugares de instalación de Volquetes e Carrocerías Galicia, S.L., Comoldes, S.C., Retsa II, S.A., Maderas Pardeiro, S.L., e Cástor Estévez Pateiro, antiga localización de Covi e Metalcolor, S.A., Elinsa, Industrias Ferri, S.L. e Anticorrosiones Somaja, Astilleros Armon, S.L. e Astilleros Vibu, S.L. e tres gasolineiras.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: realización de investigacións nos lugares determinados no prego de prescricións técnicas, mediante analítica das mostras que se tomen in situ e a posterior análise de riscos que permita a declaración destes solos contaminados ou non en función dos niveis que se detecten.

2.2. Prazo de execución: nove meses para cada un dos lotes obxecto do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: oitenta millóns duascentas doce mil duascentas sesenta (80.212.260) pesetas, IVE incluído (482.085,39 euros).

5. Fianza provisional:

2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ós que se presenten ofertas.

6. Fianza definitiva:

4% do orzamento de adxudicación do lote ou lotes adxudicados.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copynino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela (Teléfono 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=490.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

7.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: Rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública; sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente