Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 2 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de denegación do 26 de xaneiro de 2001 das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 342B 00/3849-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de denegación das axudas á contratación indefinida da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

1º Expedientes de procedemento: FM 342B 2000/3849-5.

Orde de convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: Juan Carlos Parada Alonso.

Enderezo: Puerto Rico, 27 baixo, 36204 Vigo.

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 26 de xaneiro de 2001, ó abeiro da Orde do 13-3-2000.

Resolución:

«Examinada a solicitude de axudas pola contratación indefinida de traballador/es, presentada por Juan Carlos Parada Alonso, en nome e representación de Juan Carlos Parada Alonso, e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 28-9-2000. Xunto coa solicitude presentouse diversa documentación da esixida na orde de convocatoria, e pedíase o seguinte tipo de axuda:

Axuda excepcional á creación do primeiro emprego, pola contratación indefinida do primeiro empregado.

Segundo.-Da documentación que consta no expediente despréndese que non se cumpren os requisitos esixidos para as axudas solicitadas, polos motivos que se indican no fundamento segundo desta resolución.

Terceiro.-Na tramitación do presente expediente, observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos

Primeiro.-A competencia para coñecer e resolve-la presente solicitude corresponde, por delegación da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a esta delegación provincial, de acordo co artigo 3 da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo) pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2000.

Segundo.-Do actuado e da documentación achegada resulta que non se cumpren as condicións e requisitos esixidos na orde reguladora, polas razóns seguintes:

O interesado presentou a solicitude o 28-9-2000, cando xa transcorreran dous meses desde a data da contratación (13-7-2000), polo que incumpriu o prazo establecido no artigo 4.2º da orde reguladora.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

Acorda

Non lle conceder a Juan Carlos Parada Alonso a axuda solicitada pola contratación indefinida de Montserrat Celard Paderne, polas razóns expostas no fundamento segundo desta resolución.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 26 de xaneiro de 2001. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial.».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 2 de maio de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra