Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto con trámite de urxencia, para a contratación das obras de reforma da cuberta da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación-Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: obras de reforma da cuberta da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

b) División por lotes e número: non hai división por lotes.

c) Lugar de execución: Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

d) Prazo de execución: dous meses e medio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 11.586.170 ptas. (69.634,28 euros), impostos incluídos.

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación-Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras.

b) Enderezo: rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 61 39.

e) Fax: 981 54 61 38.

Así mesmo, poderanse obte-los pregos e o proxecto relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=505 e na copistería Copynino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2 de Santiago de Compostela (teféfono: 981 58 89 38).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se faga por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación, no mesmo día, a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: ata a adxudicación do contrato.

e) Admisión de variantes: segundo o prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas.

Faraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 11 horas do cuarto día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

10. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2001.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira e

Investigación