Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 34/2001.

Ó non ser atopado no enderezo coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderá exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución, na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Lugo; todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: 34/2001.

Acta inf.: 325/2000.

Empresa: Val do Río-Cafetería Restaurante.

NIF/DNI: B-27229137.

Enderezo: edificio Feria Exposición-El Palomar-Lugo.

Materia: traballo.

Documentos que constan no expediente: acta de infracción.

Publicación BOP.

Proposta de sanción: 50.001 pesetas.

Lugo, 8 de maio de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo