Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncian as contratacións, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e trámite de urxencia, do servicio de limpeza de diversos centros dependentes desta delegación provincial, e do servicio de mantemento de xardíns e plantas do Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos (CAMP) de Sarria.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-las seguintes contratacións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Números de expediente: 56/01. 57/01. 58/01. 59/01. 60/01.

2. Obxecto: contratación dos servicios que se indican:

Expte. 56/01: servicio de limpeza do Fogar da Terceira Idade de Lugo.

Expte. 57/01: servicio de limpeza do Centro de Valoración de Minusvalidez (centro base) de Lugo.

Expte. 58/01: servicio de limpeza do Centro de Servicios Sociais de Ribadeo.

Expte. 59/01: servicio de limpeza da Residencia da Terceira Idade de Monforte de Lemos.

Expte. 60/01: servicio de mantemento dos xardíns e plantas do CAMP de Sarria.

3. Tramitación: concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia.

4. Prazo de execución dos contratos: dous (2) anos.

5. Variantes: non se admiten.

6. Orzamentos (dous anos):

Expte. 56/01. 10.800.000 pesetas (64.909,31 euros).

Expte. 57/01. 6.000.000 de pesetas (36.060,73 euros).

Expte. 58/01. 6.360.000 pesetas (38.224,37 euros).

Expte. 59/01. 25.200.000 pesetas (151.455,05 euros).

Expte. 60/01. 4.992.000 pesetas (30.002,52 euros).

7. Garantía provisional: 2% do orzamento.

7.1. Importes:

Expte. 56/01. 216.000 pesetas (1.298,19 euros).

Expte. 57/01. 120.000 pesetas (721,21 euros).

Expte. 58/01. 127.200 pesetas (764,49 euros).

Expte. 59/01. 504.000 pesetas (3.029,10 euros).

Expte. 60/01. 99.840 pesetas (600,05 euros).

8. Fianza definitiva: 4% sobre os importes das adxudicacións.

9. Clasificación: para a Residencia da Terceira Idade de Monforte de Lemos:

Grupo: III, subgrupo: 6º, categoría: A.

10. Solvencia técnica: acreditarase polos medios previstos no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

11. Solvencia económica y financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

12. Criterios de adxudicación: os definidos no punto nº 12 do prego de cláusulas administrativas particulares (folla de especificacións).

13. Documentación que presentarán os licitadores: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (Ronda da Muralla, nº 70), durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, en días hábiles, agás sábados. Así mesmo, poderán examinarse nas restantes delegacións provinciais da consellería e na Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, así como na páxina da Internet: www.sergas.es.

15. Lugar de presentación: no rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo (Ronda da Muralla nº 70, C.P. 27071), en sobres

pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente.

Se as proposicións se cursan por correo, terán que xustificarse a data de presentación e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

16. Prazo de presentación: será de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

17. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de reunións da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sita na Ronda da Muralla nº 70. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte, á mesma hora.

18. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido e o nome do licitador.

19. Os gastos derivados deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Lugo, 11 de xuño de 2001.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo