Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador Secretaría 114/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 16.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións e, no caso de non presentalas, segundo o artigo 13.2º do dito Real decreto 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente sancionador: Secretaría 114/2001.

Denunciada: Mª Carmen Rodríguez Vilasuso.

DNI/CIF: 32.592.807-J.

Derradeiro enderezo coñecido: avda. de Algeciras, 62, Neda.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: vintecinco mil pesetas.

A Coruña, 16 de abril de 2001.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña