Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 16 de maio de 2001, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se notifican comprobacións de valores e liquidacións pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Celeiro Lombán, Julio).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse comprobacións de valores e liquidacións pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola oficina liquidadora do distrito hipotecario de Sarria en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da oficina liquidadora no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Nova 74, entr., Sarria, Lugo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 16 de maio de 2001.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: Celeiro Lombán, Julio (76.612.309-E).

R/ Calvo Sotelo 9, Sarria, Lugo.

Procedemento: imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, NE: 1384/98, NP: 807/98, NL: 335.

Interesado: Celeiro Lombán, Julio (76.612.309-E).

R/ Calvo Sotelo 9, Sarria, Lugo.

Procedemento: imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, NE: 1384/98, NP: 807/98, NL: 336.