Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 16 de maio de 2001, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se notifica comprobación de valores e liquidación pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Rodríguez Folgueira, José).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase comprobación de valores e liquidación pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola oficina liquidadora do distrito hipotecario de Ribadeo en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da oficina liquidadora sinalada no parágrafo anterior, con enderezo na avenida de Asturias, nº 21-F, 1º-I, Ribadeo, Lugo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida

desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 16 de maio de 2001.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: Rodríguez Folgueira, José Antonio (L2710587Z); Montexo, Muro 2, Láncara, Lugo.

Procedemento: imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, exp. 953/00, liquidación 600000142774.