Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 16 de maio de 2001, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se notifican acordos de práctica de liquidacións definitivas e de prestar conformidade ás declaracións-liquidacións presentadas correspondentes ós exercicios 1997 ou 1998, pendentes de notificar, e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Triomatic, S.L. e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de práctica de liquidacións definitivas e de prestar conformidade ás declaracións-liquidacións presentadas correspondentes ós exercicios 1997 ou 1998, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo en aplicación do artigo 120 e seguintes, e concordantes, da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Ronda da Muralla 70, 1ª planta, Lugo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 16 de maio de 2001.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Triomatic, S.L.

B-27020213

R/ Castro Gil 6, Lugo

Taxa fiscal sobre o xogo, exercicio 1997

Recreativos Lázare, S.L.

B-27024496

R/ Lamas de Prado 186, Lugo

Taxa fiscal sobre o xogo, exercicio 1997

Recreativos Lázare, S.L.

B-27024496

R/ Lamas de Prado 186, Lugo

Taxa fiscal sobre o xogo, exercicio 1998

Bascul-Matic, S.L.

B-27032796

R/ Da Míllara 36, Lugo

Taxa fiscal sobre o xogo, exercicio 1997

Agrupación Recreativo Orensano, S.A.

A-32022360

R/ Río Arnoia 21, Ourense

Taxa fiscal sobre o xogo, exercicio 1997

Recreativos Cernadas, S.L.

B-15073794

R/ Santander 26, A Coruña

Taxa fiscal sobre o xogo, exercicio 1997

Agrupación Recreativo Orensano, S.A.

A-32022360

R/ Río Arnoia 21, Ourense

Taxa fiscal sobre o xogo, exercicio 1998