Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 16 de maio de 2001, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se notifica proposta de liquidación contida en acta de desconformidade (A02) pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Triomatic, S.L).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase proposta de liquidación contida en acta de desconformidade (A02), pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo en aplicación do artigo 56 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección dos tributos.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Ronda da Muralla 70, 1ª planta, Lugo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 16 de maio de 2001.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: Triomatic, S.L. (B-27020213).

R/ Castro Gil 6, Lugo.

Procedemento: taxa fiscal sobre o xogo, exercicio 1999, acta A02 nº 27/2001/00019-0092.