Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.364

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de xuño de 2001 pola que se convoca concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, para cubrir postos de profesores en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O Decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura de diversas prazas por funcionarios públicos docentes que imparten ensinanzas de niveis non universitarios prevé no seu artigo 3.2º, que as prazas que nel se indican poderán ser cubertas

mediante o correspondente concurso específico de méritos e polo prazo que se determine na convocatoria. As devanditas prazas deberán ser provistas a través dun concurso específico de méritos para a súa provisión mediante nomeamento temporal con reserva do posto de traballo de orixe e polo tempo que se estableza na correspondente convocatoria, que en ningún caso poderá exceder en máis de seis anos.

Así mesmo, o artigo 5 do devandito decreto establece que poden cubrirse por este mesmo procedemento aquelas prazas que segundo as previsións que contén o artigo 59 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de educación xeral do sistema educativo, favorezan as elaboracións de proxectos, innovacións curriculares, metodoloxías, etc. entre as que existen prazas de recente implantación ou de difícil cobertura polo procedemento ordinario.

Sendo necesaria a provisión de distintas prazas por mor dos diversos convenios entre a Administración educativa e distintas institucións ou entidades a que se refire o artigo 3 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo, e outras incluídas no artigo 5 do devandito decreto, e tendo en conta a habilitación que figura na disposición derradeira primeira do mesmo decreto que autoriza o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las disposicións que sexan precisas para a súa aplicación e desenvolvemento.

É polo que esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Convocar concurso público de méritos específicos entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que impartan ensinanzas de niveis non universitarios, para adxudicar en comisión de servicios as prazas que figuran no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán participar nesta convocatoria os funcionarios de carreira dos corpos docentes que impartan ensinanzas de niveis non universitarios con destino actual no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que conten, polo menos, con tres anos de servicio como docentes en centros públicos, contabilizados ata o 31 de agosto de 2001 e xustifiquen documentalmente reuni-los requisitos sinalados para cada posto. Así mesmo, poderán, se é o caso, participa-los funcionarios pertencentes ó corpo de inspectores ó servicio da Administración educativa.

Terceiro.- O prazo para a presentación de instancias para tomar parte nesta convocatoria, dirixidas ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, será de vinte días naturais desde a publicación da presente orde e poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas delegacións provinciais, ou ben na forma prevista no art. 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No suposto de optar pola presentación da solicitude e demais documentación ante a oficina de correos, farase en sobre aberto para que a instancia sexa selada e datada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias e demais documentación non se admitirá ningunha modificación nas peticións formuladas. Non obstante o anterior, admitirase renuncia á participación no concurso de méritos específico dentro do prazo establecido para as reclamacións sinaladas no punto sexto, entendendo que tal renuncia afecta a tódalas peticións formuladas.

Cuarto.-Aínda que se concurse a máis dunha praza os concursantes presentarán unha única instancia, acompañada dunha fotocopia desta e unha folla de alegacións e autobaremación, axustada ó modelo que se poñerá a disposición dos interesados nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e simultaneamente presentarán, para a demostración dos méritos, os documentos que se indican no baremo que aparece como anexo II.

Os concursantes presentarán ademais:

-Proxecto de traballo sobre as liñas básicas de actuación para o desenvolvemento das funcións inherentes ó posto que se solicita, tendo en conta as súas características, cunha extensión máxima de 20 folios.

Tódalas fotocopias que se remitan deberán ir acompañadas das dilixencias de compulsa, expedidas polos directores dos centros ou das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Non se admitirá ningunha fotocopia que careza da dilixencia de compulsa.

Quinto.-A selección dos aspirantes será realizada por unha comisión que presidirá o secretario xeral ou persoa na que delegue, e da que formarán parte:

-2 vocais coa categoría de subdirectores xerais ou xefes de servicio da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-2 inspectores de Educación.

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretario con voz e sen voto.

-Os sindicatos integrantes da mesa sectorial de persoal docente non universitario poderán nomear un representante para asistir ás sesións da comisión.

-A comisión poderá solicita-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas, limitándose os devanditos asesores a prestaren a súa colaboración.

Sexto.-Para a valoración dos puntos 1, 2, 3.1, 3.2 e 4.1 do baremo establecido no anexo II a comisión de selección delega esta función unha subcomisión formada por funcionarios da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Unha vez feita esta, os resultados serán publicados nos taboleiros de anuncios da consellería e das delegacións provinciais, sinalando a relación de excluídos e a causa da súa exclusión e establecendo un prazo de 10 días naturais desde a súa exposición para presenta-las reclamacións que procedan.

Tódolos aspirantes que obteñan unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto poderán ser convocados pola comisión de selección á celebración dunha entrevista para mellor aprecia-las circunstancias que concorren neles, e que versará sobre o proxecto presentado.

Sétimo.-Os membros da comisión e subcomisión estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e terán dereito a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 299/1990, do 24 de maio, estando cualificadas na categoría primeira.

Oitavo.-Aqueles aspirantes que non acaden unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto e de 4 puntos na entrevista, no caso de ter lugar, non poderán ser propostos pola comisión. Serán seleccionados aqueles aspirantes que, obtendo as puntuacións mínimas sinaladas acaden as maiores puntuacións no total dos puntos contemplados no baremo establecido no anexo II, para a praza que solicitan.

Noveno.-No caso de producírense empates no total das puntuacións outorgadas, estes resolveranse, atendendo sucesivamente e por esta orde á maior puntuación nos puntos 6, 1, 3.3, 4.2, 3.1, 3.2, 4.1 e 2.

Décimo.-Unha vez realizado todo o proceso anterior, a comisión de selección proporá ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a adxudicación dos postos, que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, e pola que se entenderán notificados, para tódolos efectos, os concursantes ós que lles afecte. Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso, poderase formular directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, conforme se establece nos capítulos II e III da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Décimo primeiro.-O prazo máximo para notifica-la resolución deste procedemento será de 6 meses contados desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, tendo efectos desestimatorios a falta de resolución expresa nese período.

Décimo segundo.-Os seleccionados deberán incorporarse ás prazas obtidas con data do 1 de setembro do ano 2001, cesando no seu destino de procedencia o 31 de agosto do mesmo ano.

As prazas adxudicadas serano en comisión de servicios, por un período de dous anos e nos termos que figura no artigo 3.2º do Decreto 244/1999, do 29 de xuño.

Décimo terceiro.-Esta disposición entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Nº do posto

1Convenio: Cáritas Diocesana de Lugo para o desenvolvemento do programa de educación compensatoria Preescolar na Casa

DestinoZonas de traballo de Preescolar na Casa, que se especifican a continuación:

Provincia da Coruña: Concellos de: 1. A Capela, Cerdido, Miño, Moeche, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, As Somozas, Vilarmaior.

Provincia de Lugo: Concellos de: 1. Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, Pantón, Quiroga, A Pobra de Brollón, Ribas de Sil, Sober.

Provincia de Ourense: Concellos de: 1. Amoeiro, Cartelle, A Merca, A Peroxa, San Cristovo de Cea, Toén, Vilamarín. 2. Castrelo do Val, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós.

Provincia de Pontevedra: Concellos de: 1. Arbo, Avión, A Cañiza, Covelo, Mondariz, As Neves, Crecente, Salvaterra de Miño, Ponteareas. 2. Baiona, Gondomar, A Guarda, Nigrán, O Rosal, Oia, Tomiño, Tui, O Porriño, Salceda de Caselas.

PrazasA Coruña: 1, Lugo: 1, Ourense: 2 , Pontevedra: 2; todas de mestres.

FunciónsEstudio da zona (recollida de datos, convocatorias e visitas a familias). Planificación e realización de xuntanzas quincenais coas familias, tratando de salienta-lo valor do cotián, a utilidade dos materiais do contorno, impulsando a reflexión dos adultos e o intercambio entre eles. Contacto coas persoas e institucións da zona que poidan ter relación co traballo (pediatras, asistentes sociais, mestres, etc.). Colaborar cos diferentes medios do programa (revista, radio e televisión). Participar nas reunións de zona e xerais. Comprometerse coa formación. Organización de actividades diferentes ás reunións de orientación (excursións, charlas, exposicións, etc.).

ObservaciónsCarné de conducir e dispoñibilidade de vehículo. De acordo coas necesidades do programa as zonas de traballo poden sufrir modificacións ó longo do curso.

2Convenio: Consellería de Medio Ambiente.

DestinoCastelo de Santa Cruz - Concello de Oleiros. (Centro de Extensión Universitaria e cavulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

Servicios Centrais da Consellería de Medio Ambiente - Santiago.

PrazasPrazas: 5 profesores de ensino secundario.

Especialidade: preferentemente bioloxía, física e química, matemáticas.

Castelo de Santa Cruz - Concello de Oleiros: 2 postos.

Servicios Centrais da Consellería de Medio Ambiente - Santiago: 3 postos.

FunciónsRealización de proxectos e elaboración de materiais curriculares sobre a educación

ambiental para as diferentes etapas do sistema educativo e para os ciclos formativos da

FP específica.

Recolle-las achegas en educación ambiental dos diferentes colectivos implicados nos

procesos educativos regrados e non regrados e presenta-las propostas elaboradas.

Desenvolver accións normativas de educación ambiental nas aulas da natureza e realiza-lo seguimento dos resultados.

Establecer liñas de colaboración cos seminarios permanentes de renovación pedagóxica, asociacións ecoloxistas e demais colectivos implicados no ámbito da educación ambiental.

Requisitos:Experiencia en programación, organización, coordinación e dirección de actividades de formación. Coñecementos do medio natural (másters, cursos, publicacións, etc.).

ObservaciónsHorario da Administración xeral.

Postos Castelo de Santa Cruz, posible horario de mañá e tarde.

3Convenio: Secretaría Xeral para o Deporte.

DestinoServicios Provinciais (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra), Servicios Centrais (Santiago de Compostela) e bisbarra do Barbanza.~

Prazas6 mestres ou profesores de ensino secundario, especialidade educación física ou licenciados en educación física.

A Coruña: 1.

Lugo: 1.

Ourense: 1.

Pontevedra: 1.

Santiago de Compostela: 1.

Comarca de A Barbanza: 1.

FunciónsDesenvolvemento da campaña do deporte en idade escolar. Participación na programación e divulgación da campaña de deporte en idade escolar e as zonas e comarcas da súa área de actuación.

Organización e seguimento de competicións deportivas.

Coordinación de grupo de traballo e dinamización da campaña.

Elaboración de memorias e estatísticas da campaña.

Requisitos:Experiencia en organización de competicións deportivas en idade escolar.

ObservaciónsHorario axeitado ás necesidades da actividade deportiva e ó seu desenvolvemento (tardes e fins de semana). Necesidade de desprazamento ás competicións ou servicios de coordinación.

4Convenio: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

DestinoCentros de reeducación dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en:

A Coruña.

Rábade-Lugo.

Ourense.

Pontevedra.

PrazasPrazas: 5 mestres.

A Coruña: 1 posto.

Rábade: 1 posto.

Ourense: 2 postos.

Pontevedra: 1 posto.

FunciónsOrganizar e coordina-las actividades educativas docentes.

Apoia-la integración sociolaboral dos internos.

Requisitos:Experiencia de tres anos, como mínimo, na educación de adultos e de traballo con persoas con necesidades educativas especiais. Coñecementos en informática de usuario.

ObservaciónsDispoñibilidade horaria (xornada partida para adaptarse ás necesidades dos internos).

Nº do posto

5Convenio: Seminario galego de educación para a paz.

DestinoSede do Seminario Galego de Educación para a Paz.

Prazas1 mestre ou profesor de ensino secundario.

FunciónsDesenvolvemento de proxectos de investigación e formación. Organización e realización de actividades tales como: formación do profesorado en colaboración coa Consellería de Educación, conferencias, simposios, etc., apoio a docentes, investigadores e ós distintos sectores da comunidade educativa. Intercambio de publicacións, unidades didácticas de educación para a paz, etc.

Requisitos:Mestre ou profesor de ensino secundario coa especialidade de ciencias sociais ou licenciatura en facultades de ciencias da educación, xeografía e historia, socioloxía ou ciencias políticas. Título de perfeccionamento en lingua galega.

6Programas específicos.

DestinoIES Fernando Wirtz de A Coruña.

IES de Someso da Coruña.

PrazasIES Fernando Wirtz: 5 prazas (bioloxía, música, informática, procesos comerciais e oficina de proxectos e construccións). Todas elas de profesores de ensino secundario.

IES de Someso: 2 prazas (xeografía e galego). Para profesores de ensino secundario.

FunciónsDesenvolvemento de actividades formativas destinadas á integración de alumnos xordos ou con necesidades educativas especiais nas áreas formativas de ensino secundario obrigatorio e bacharelato. Desenvolvemento de actividades de formación profesional específica.

Requisitos:Titular da especialidade do profesorado convocada. Experiencia na familia profesional. Formación e experiencia educativa con alumnos xordos.

ObservaciónsHorario adaptado ás necesidades do centro.

7Programas específicos.

DestinoIES Carballeda de Valdeorras (sección Sobradelo).

IES Ramón Cabanillas de Cambados.

Prazas1 praza en cada centro para profesores de ensino secundario.

IES Carballeda de Valdeorras (sección Sobradelo) (construccións civís e edificación).

IES Ramón Cabanillas de Cambados (procesos de industrias alimentarias (elaboración de bebidas).

FunciónsDesenvolvemento de actividades formativas de formación profesional específicas, relacionados cos métodos das familias profesionais correspondentes.

Requisitos:Titular da especialidade do profesorado convocada. Experiencia educativa na familia profesional. Experiencia profesional nos campos productivos das unidades de competencias asociados ós módulos que imparten.

ObservaciónsHorario adaptado ás necesidades do centro.

ANEXO II

ConceptosPuntuaciónTotal puntos

máximo

Documentos

xustificativos

1. Antigüidade:

Por cada ano de servicios efectivos prestados na situación de servicio activo como funcionario de carreira dun corpo docente.

0,50 puntos5 puntos

2. Méritos académicos:
2.1. Polo título de doutor.1 punto2 puntosCopia compulsada das titulacións alegadas
2.2. Titulacións de segundo ciclo: por cada licenciatura, enxeñería, arquitectura ou títulos declarados legalmente equivalentes.0,5 puntos
2.3. Titulacións de primeiro ciclo: pola segunda diplomatura ou os 3 primeiros cursos dunha licenciatura.0,25 puntos

3. Formación e perfeccionamento:6 puntosCopia compulsada das titulacións alegadas
3.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións precitadas, así como os organizados polas universidades (0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados acreditados).Ata 2 puntos
3.2. Por outras actividades de formación e perfeccionamento en materia educativa, incluída a impartición de cursos.Ata 1 punto
3.3. Por actividades de formación específica directamente relacionadas co posto ó que se pretende acceder.Ata 3 puntos

4. Publicacións, proxectos, innovacións técnicas:3 puntosDocumentación orixinal
4.1. Por publicacións de carácter didáctico ou científico, proxectos e innovacións técnicas, de carácter xeral.Ata 1 punto
4.2. Por publicacións de carácter didáctico ou científico, proxectos e innovacións técnicas, relacionadas coa praza que se solicita.Ata 2 puntos
(Deberán conte-lo ISBN, agás as excepcións contempladas na lexislación vixente)

5. Por cada ano de servicio en postos das mesmas caraterísticas que o que se solicita.0,20 puntos2 puntosCertificación de servicios ou nomeamento.

6. Proxecto de traballo:

O proxecto de traballo deberá conte-los obxectivos, planificación xeral, actividades, xustificación e definición á que corresponde a praza que se solicita.

(puntuación mínima esixida por este apartado: 4 puntos)

Ata 6 puntos polo proxecto Ata 6 puntosOrixinal, cunha extensión máxima de 20 folios

7. Entrevista sobre o proxecto presentado (puntuación mínima esixida por este apartado: 4 puntos).Ata 6 puntos pola entrevistaAta 6 puntos

ConceptoPuntuacións

parciais

Total

1. Antigüidade

(Máximo 3 puntos)

Por cada ano de funcionario de carreira

no corpo docente

0,50

2. Méritos académicos

(Máximo 2 puntos)

2.1 Polo título de doutor1

2.2. Titulacións segundo ciclo0,5

2.3. Titulacións primeiro ciclo0,25

3. Formación e perfeccionamento

(Máximo 6 puntos)

3.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas (0,10 puntos por c/10 horas)

Ata 2 puntos

3.2. Por outras actividades de formaciónAta 1 punto

3.3. Por actividades de formación específica directa- mente relacionadas co posto ó que se pretende accederAta 3 puntos

4. Publicacións, proxectos, innovacións técnicas

(Máximo 3 puntos)

4.1. Por publicacións de carácter didáctico, de carácter xeral Ata 1 punto

4.2. Por publicacións de carácter didáctico relacionadas coa praza que solicitaAta 2 puntos